Un taller para exercitar o cerebro
A estimulación cognitiva, é idónea para se manter activo e saudable mentalmente. O Departamento de Servizos Sociais propón un taller para adultos que se desenvolverá entre o 30 de abril e o 28 de xuño nos centros de Baiuca, Froxel Pastoriza e Meicende. O prazo para se inscribir é do 16 ó 20 de abril.
A actividade basearase nun programa de activación mental dirixido a persoas adultas que pretende mellorar as funcións cognitivas básicas e axudar, deste xeito, a unha mellor calidade de vida nos aspectos físico, psíquico e social.
O programa de exercicios e actividades, entre os que se inclúen o cálculo; exercicios de memoria ou orientación espacial, permitirá, traballando de forma conxunta os dous hemisferios do cerebro, fortalecer as conexións neuronais e reforzar a mente.