Unha ollada íntima a Costa de Marfil
Son oito mil fotografías as que Marcos Rodríguez tomou en Costa de Marfil nunha viaxe que en 2017 fixo coa ONG Égueire. E dende aquela, este fotógrafo carballés di que cambiou a súa vida.
Durante dúas semanas empregou a súa técnica para traer de volta a vida feita instantánea, con toda a súa fermosura e a súa cureza, pero con toda a súa crueza, dos seus habitantes.
"Miradas de Marfil" son 31 fotografías daquela viaxe que se poden sentir no centro cívico ata o próximo 7 de decembro. A mostra é gratuíta, pero as copias destas imaxes poden ser adquiridas a uns módico prezos, ingresos que financiarán o labor solidario da ONG Égueire.