A web municipal profundiza na historia de Arteixo con Xabier Maceiras
A páxina web do Concello contará cada quince días coas pilulas de historia, arte e lendas que Xabier Maceiras descubrirá dende as súas "Crónicas de Arteixo".
Este espazo, que se identificará especialmente na páxina principal do portal, comeza a súa andaina coa historia de Maribel Otero, muller á que o concello adicou o pasado 8 de marzo, e que foi a primeira arteixá que conseguiría, formando parte do Santa Lucía da Coruña, ser campiona de España.
Xabier Maceiras colabora con diversas asociacións culturais e ten traballado na recuperación da historia de Arteixo. É colaborador habitual en xornais como El Ideal Gallego ou La Opinión e foi concelleiro do BNG na anterior lexislatura. Entre os seus traballos publicados destacan "O mar de Arteixo e os seus naufráxios" do ano 2013.