Ir o contido principal

As xornadas da interculturalidade achéganse ós institutos para abordar o ciberacoso

Expertos en Redes Sociais, comunicadores, activistas, especialistas en ciber delictos, voces en primeira persoa de vítimas de delitos e discurso de odio. É a perspectiva 360 graos que o Concello de Arteixo, a través do Departamento de Servizos Sociais, propón nas XV Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade, que se celebra este ano os días 26 e 27 de outubro,baixo o título “Combatendo as redes de odio: os desafíos dos Dereitos Humanos na era Internet”.

Esta tradicional cita achégase o día 26 de outubro ó centro social de Meicende e, este ano como novidade, realízase unha sesión didáctica o 27 de outubro, que achegará os perigos do ciberacoso ós institutos de Pastoriza e Manuel Murguía. Trátase de ofrecer ós estudiantes unha formación sobre consumo crítico e responsable da información que lle chega a través de internet, sobre todo a través dos medios sociais. 

As Xornadas están organizadas en colaboración coa ONG Ecos do Sur.

Para asistir á xornada é imprescindible a inscrición previa, a través das seguintes vías:

  • Vía email: comunicacion@ecosdosur.org

 

A inscrición ten un custo de 6 euros para estudantes, persoas desempregadas ou pensionistas, e 10 a entrada xeral.

 

Cartel Interculturalidade 2017

 

Documentos: