Ir o contido principal

Xuventude organiza un curso de monitor de tempo libre

O departamento de Xuventude organiza un curso de monitor de tempo libre para persoas empadroadas en Arteixo entre os 18 e 30 anos. Trátase do grupo preferente aínda que tamén destínase a empadroados en Arteixo de máis de 30 anos ou persoas de calquera idade non empadroadas en Arteixo. En todos os casos teñene que ter a titulación da ESO. 

As clases serán os venres de 17 a 20 h ; sábados de 9 a 14 h e de 16 a 21 h e domingos de 9 a 14 h. Haberá dous domingos máis, de 10 a 20 h, para facer rutas medio ambientais e de aire libre.

O coste do curso é de 100 euros e as inscricións pódense formalizar do 5 ao 13 de outubro no Rexistro do Concello .

As prazas se concederán por orde de entrada de rexistro municipal , logo de aplicar as normas das inscricións.