A Concellería de Igualdade, Servicios Sociais, Sanidade e Educación publica o procedemento para a xustificación de axudas ao estudo - Liña 1 (comedores) derivado da disposición transitoria para o período COVID
A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación abre o prazo para a presentación da xustificación da axuda ao estudo – Liña 1 (comedor) para o período indicado na disposición transitoria.
O prazo para a presentación da documentación xustificativa é de 10 días naturais desde o día seguinte ao remate do curso, sendo a data límite o 29 de xuño ás 14:00 horas.
A disposición transitoria aprobada indica a obrigatoriedade de presentación da documentación nos rexistros municipais (presencial ou sede electrónica).
Coa finalidade de axilizar a entrega da documentación mantendo as normas de protección vixentes para COVID, o procedemento é o seguinte:
- A documentación a achegar é a seguinte:
-
- Modelo establecido ao efecto (ver “modelo”).
- Facturas orixinais e demáis documentación complementaria.
- Declaración responsable de cumprimento de condicións e de estar ao día nas obrigas tributarias coas administracións (comprobarase veracidade posteriormente). Está incluída no modelo de xustificación.
- Certificados que acrediten intolerancias ou situacións especiais que requiran de productos de características especiais.
(As DCB serán solicitadas posteriormente cando non obren no Concello).
- As persoas que opten pola entrega presencial deberán ter en conta as seguintes indicacións:
- Non se establece cita previa polo volumen de persoas e o prazo establecido.
- Achegarase 1 persoa ao departamento de Educación ou ao Centro Social de Meicende. Será obrigatorio uso de mascarilla.
- Respectarase turno de espera nos espazos habilitados ao efecto.
- Accederase ao local según control de aforo (realizado polo persoal do servizo).
- A documentación xustificativa e modelos debidamente cubertos e asinados introduciranse nun sobre A3 (facilitado no propio departamento ou xa aportado pola persoa). No exterior indicaranse os seguintes datos:
- Nome e apelidos por cada menor para o que se concediu axuda.
- Teléfono de contacto.
- Correo electrónico de contacto.
- O sobre deixarase pola persoa no lugar que se lle indique para que quede sometido a procedemento de hixienización durante o prazo que indican os protocolos de actuación. Pasado dito prazo, procederase ao rexistro informático.
- Polo persoal do departamento realizarase control da entrega.
- Os xustificantes de rexistro poderán recollerse no departamento con cita previa ou previa solicitude a través de correo electrónico (educacion@arteixo.org).
O horario de atención para a entrega de documentación é de 9:00 h a 14:00 h.
Tamén se pode presentar telemática a través da sede electrónica acompañando toda documentación requerida.