O antroido de Arteixo será virtual
O Concello invita á participación veciñal na festa tradicional máis divertida do ano para plantarlle cara á pandemia.
Envía unha imaxe fotográfica co teu disfrace de choqueira/o a cultura@arteixo.org, indicando título, teléfono de contacto, nome completo e idade das/os participantes. As persoas menores de idade deberán enviar a correspondente ficha coa autorización asinada pola/o nai/pai/titor-a legal segundo o modelo que se facilita aquí.
A participación grupal deberá respectar as restricións actuais dictadas pola COVID-19.
Será necesario acreditar que a fotografía corresponde ao ano que andamos por calquera medio. As admitidas subiranse ás canles do Concello de Arteixo (Facebook e Instagram) e as mellores poderán recibir algún agasallo conmemorativo.
O prazo de presentación rematará o 17 de febreiro de 2021.