O ano do sendeirismo remata con dúas rutas a Lousame e á Fervenza do Río Belelle en Neda
O Servizo Municipal de Deportes presenta as dúas últimas rutas de sendeirismo deste ano 2017.
A primeira terá lugar o 3 de decembro e levará ós participantes pola Ruta de San Xusto de Toxosoutos en Lousame, de 18 Km. Trátase dunha cita de dificultade media baixa.
A segunda será un percorrido de 14 kilómetros pola Fervenza do Río Belelle en Neda. Tamén é unha ruta de dificultade media-baixa que se desenvolverá o 17 de decembro.
En ambos casos, o prazo para se inscribir comeza o 13 de novembro próximo e a inscrición pódese formalizar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes persoalmente, ou por mail na dirección deportes@arteixo.org. É unha inscrición directa por orde de solicitude, con preferencia ás persoas empadroadas en Arteixo.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal.
O prezo é de 15 € por etapa para os maiores de idade e de 10 euros para os menores. O prezo inclúe transporte, picnic e seguros.
Para participar é imprescindible ser maior de idade ou no seu defecto, maior de 10 anos con autorización do pai, nai ou titoría legal e acompañados.