A Baiuca abre o sábado o seu espazo adicado á mocidade
Postos de realidade virtual, música con DJ, xogos de animación, PSP4, e outras actividades serven para inaugurar o próximo sábado 14 de abril o novo espazo xuvenil que o Concello habilitou no esdificio de A Baiuca.
Trátase dun lugar no que a mocidade de Arteixo pode dar renda ó seu esparexemento e servir como lugar de reunión.
O EXA, que se abre ó público ás 17 h, estará aberto todos os venres, de 17 a 21 horas; e os sábados e domingos entre as 17 e as 22 horas.