A electrónica, a robótica, a programación e os códigos para a rapazada dentro do “III Encontro Arteixo Innovación de experiencias Educatic. Ábrese prazo de inscrición nas actividades.
A Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa abre o prazo para inscribirse nas seguintes actividades que se desenvolverán no Centro Civico de Arteixo nos horarios e datas que se indican:
------------------------------------------
AUTÓMATAS PINTORES
Horario: 16:00 a 17:00 h
Destinatarios: Alumnado de 1º e 2º de Primaria
Prazas máximas: 30 prazas
Introducción a conceptos básicos sobre electricidade e electrónica dunha maneira creativa a través da construcción de artiluxios eléctricos capaces de pintar. É unha forma experimental de aprendizaxe do que é a electricidade, unha batería, un conductor, un motor e deseño dun circuito eléctrico simple usando ferramentas e material de uso común.
------------------------------------------------
INTRODUCCIÓN A BBC Micro:bit
Horario: 17:15 a 19:45 h
Destinatarios: Alumnado de 3º a 6º de Primaria
Prazas máximas: 30 prazas
Micro:bit (placa programable) permite combinar a robótica e a electrónica coa mecánica e a construcción de estructuras combinando materiais (cartón, papel de aluminio, pinturas,…) para elaborar un xogo de pulso.
----------------------------------------------
UNHA TARDE CON CÓDIGOS
(Colabora: alumnado CEIP Ponte dos Brozos)
Horarios:
- 1º turno - De 16:00 a 17:00 h
- 2º turno – De 17:00 a 18:00
Destinatarios: Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria
Prazas máximas: 10 prazas/ turno
O alumnado do CEIP Ponte dos Brozos do “Club do código” ensinarán a outra rapazada cómo crear un xogo e a súa animación programada.
para animación. Un mundo de realidade virtual para pasar a tarde!
------------------------------------------------
Data límite de inscrición: ata o 4 de maio.
A inscrición será por rigurosa orde de inscrición. Para a súa formalización, utilizarase modelo establecido e poderase entregar do seguinte xeito:
- Presencial, na Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa (Avda. dos Bosques, 16 baixo)
- Por correo electrónico (educacion@arteixo.org)