Ir o contido principal

Arteixo únese a Carballo e Laracha para solicitar á Xunta a creación dun eixe industrial

Os rexedores de Carballo, Laracha e Arteixo queren que a Xunta de Galicia apoie o seu obxectivo común de fortalecer o eixe industrial que representan os tres polígonos industriais que aglutinan os tres municipios. 

Os alcaldes plantexaron ó conselleiro de Industria, Francisco Conde, a posibilidade de impulsar plans de formación conxuntos así como a análise das infraestructuras enerxéticas comúns para que as empresas se beneficien de mellores tarifas, por exemplo, no suministro eléctrico. 

Trátase, di Carlos Calvelo, de elaborar estratexias comúns e avogar pola colaboración entre as administracións locais.

Os alcaldes tamén pretenden posicionar os polígonos para atraer novas inversións e reforzar as súas aspiracións para obter inversión pública fronte a administracións de nivel superior.