Ir o contido principal

Axudas para unha maior autonomía persoal

Maior autonomía para moverse, alimentarse ou asearse. As persoas dependentes dispoñen de cada vez un meirande número de produtos que fomentan a súa autonomía. O Concello ofrece, a través do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, unha charla na que se profundizará neste tipo de artículos.

Patricia Pazos Abeleria, terapeuta ocupacional  , é a encargada de impartir esta charla o día 17 de xullo, mércores, ás sete da tarde. Será no Centro de Día e Residencial de Arteixo.