Ir o contido principal

Baldomero Vázquez asiste en Madrid a unha xuntanza sobre a estratexia EDUSI

Os fondos FEDER, da estratexia EDUSI,  deixan en Arteixo cinco millóns de euros. A forma, procedemento e trámites necesarios para os executar e aplicar correctamente é o obxectivo dunha xuntanza convocada polo Ministerio de Facenda en Madrid para todos os concellos de España e á que acodiu o concelleiro de asuntos económicos de Arteixo, José Baldomero Vázquez. 

Os fondos europeos están pensados en Arteixo para financiar as liñas de actuación  que integra o chamado Plan Novarteixo, que, entre outras,pretende fomentar a mobilidade de forma sostible, e no que destaca a instalación dunha liña de transporte municipal con microbuses híbrido-eléctricos que conecten as principales áreas urbanas de Arteixo, os núcleos rurais  e as áreas industriais.

Taménse apostará por desenvolver aplicacións informáticas que fomenten a inclusión social a través da accesibilidade dixital;  a mellora da eficiencia enerxética de todo tipo de instalacións públicas e, unha última liña de actuación adicada á protección do patrimonio cultural e natural do municipio.