Clases de ximnasia para todos nos parques biosaudables do concello
O programa, que comeza o 20 de marzo e se prolongará ata o mes de xuño, chegará ós parques biosaludables de Oseiro, Larín e Lañas.
Os obxectivos desta iniciativa do Servizo Municipal de Deportes son crear hábitos de vida saudables, concienciar sobre a necesidade da realización de exercicio físico de forma periódica e mellorar a condición física.