Ir o contido principal

Corte auga por melloras ne rede en distintos puntos de Arteixo

O Servizo Municipal de Augas acometerá melloras na rede de suministro o que suporá cortes puntuais. 

O xoves 10 de decembro os traballos se acometerán en distintas zonas da rede o que provocará cortes en Arteixo, na Avenida de Fistera dende o número 1 ao 137; rúa Reconquista, Guerra da Independencia; Ceral Porlier; Sinforiano López; Costa María Pita; Petella; Cerrada; Rigoberta Menchu e Camiño Canaval.

O corte será efectivo  dende as 23.30 h do xoves 10 ata as 5,30 h do venres día 11.  

A empresa de augas aconsella ós cidadáns da zona que vixíen que ningunha billa quede aberta para evitar posibles perdas innecesarias de auga así como incidencias nas instalacións interiores durante o restablecemento do servizo. Durante o corte tamén aconséllase non utilizar electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas.