Ir o contido principal

Deportes disporá entradas para unha nova edición do Torneo Hípico Casas Novas

O Concello de Arteixo repartirá invitacións para acodir, entre o 8 e o 10 de decembro ó CSI5*W da Coruña. 

Larín acollerá este evento e se covertirá en centro da atención hípica mundial coa presencia dos mellores xinetes do mundo que competirán nunha das probas cualificativas para a Longines FEI World Cup Jumping, sendo a sétima das trece competicións que compoñen o calendario de cualificativas da liga europea de cara á final de París.

Casas Novas tamén celebrará nesas datas un  CSI 2* e programa diversos espectáculos secuestres.

A cita máis importante do programa deportivo do concurso será o Gran Premio Longines FEI World Cup – Trofeo Caixabank, que se disputará o domingo a partir das 17:00h.

As entradas para poder asistir a este evento pódense recoller a partir do tres de decembro na Oficina de Información, no departamento de Deportes e na Casa do Concello de Arteixo.