Deportes propón "trial social" para a fin de semana
O Servizo municipal de deportes organiza, xunto co Club Montañismo Arteixo a primeira edición do Trial Social co que o clube pretende conmemorar o decimoquinto aniversario do seu nacemento.
O Trial Social é unha proba non competitiva que se desenvolverá nas inmediacións do campo da Poza, na Penouqueira.
Os participantes, que non precisan licencia federativa, deberán superar 8 zonas que están deseñadas e marcadas para 5 categorías con distintas dificultades.
