Equipos con praza na liga municipal de fútbol sala
Publícase a relación de equipos que acadaron a praza na liga municipal de fútbol sala do Concello de Arteixo, polo sorteo público celebrado o días 22 de setembro no Salón de Plenos Municipal, para a tempada 2017/2018.
O prazo para formalizar a matrícula abrangue do 25 de setembro ata o 6 de outubro, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Pazo dos Deportes en horario de 20.00 a 22.00 h de luns a venres. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
- Documentación de matrícula
- Folla de inscrición cos datos do equipo e dos xogadores
- Fichas de todos os xogadores: dúas fotografías e unha fotocopia do D.N.I por xogador
- Xustificante de pago: Recollerase no Pazo dos Deportes ou recibirase por mail una vez facilitados os datos oportunos para a súa tramitación para abonar no banco o prezo público de inscrición da liga de fútbol sala.
- Entrega da documentación e xustificante de pago antes das 22.00 h do 6 de outubro de 2017 no Pazo dos Deportes
- Todo aquel que entregue fóra de prazo calquera documentación, pasará á lista de espera para poder inscribirse, perdendo os dereitos adquiridos.
Máis información aquí