Ir o contido principal

Lañas terá a súa senda peonil

O Concello ven de iniciar as obras para acometer unha nova senda peonil de 700 metros de lonxitude que bordeará a parroquia de Lañas na estrada entre Arteixo e Carballo. 

A actuación ten un presuposto de preto de 200.000 euros e inclúe a instalación de novas canalizacións de saneamento e abastecemento. O coste do paso previo a estes traballos, a expropiación de terros, supuxo un investimento por parte da administración de 23.000 euros. 

A nova senda súmase ás que o concello xa está finalizando entre Lañas e Barrañán e que en tres tramos supoñen unha inversión de 700.000 euros. A actuación permitirá ir camiñando dende Lañas ata o igrexario de Barrañán. 

Lañas