Ir o contido principal

Maribel Otero protagoniza os actos do Día da Muller en Arteixo

"Arteixo en activo...en feminino". O 8 de marzo, día internacional da muller, ten nome propio en Arteixo. A Concellería de benestar comunitario e servizos sociais que dirixe Inés Ramos enche de actividade esta xornada adicada a lembrar e reivindicar o papel da muller na sociedade e loitar pola igualdade real entre sexos. 

Durante a tarde do día 8 e a partir das 5 da tarde, o Auditorio do Centro Cívico vístese para acoller unha serie de actos nos que a muller é a protagonista. A xornada comezará coa representación teatral de "Casa de Bonecas", un texto que foi Premio Luísa Villalta pola Igualdade da Deputación de A Coruña. 

Entre as 18.15 e as 19.30 h se desenvolverá unha mesa redonda na que Iria Ares Campos, Directora, actriz e profesora especializada en técnica de actuación
ante cámara; Rosendo Bugarín, Doutor en Medicina e cirurxía, Máster en bioética pola USC. e Cristina López Villar que é Doutora en CC da Actividade Física e o Deporte, docente na UDC abordarán os distintos papeis da muller ó longo da historia en campos como o deporte. 

A xornada concluirá ás 19.30 h co recoñecemento que Arteixo brindará, coa presidencia do alcalde Carlos Calvelo,  a Maribel Otero, primeira muller arteixá campiona de España en hóckey sala entre 1968 e 1970. 

Día da Muller