Ir o contido principal

Mofa e Befa volven a Arteixo coa "crítica da razón perralleira"

Arteixo recibe o vindeiro venres 15 de decembro unha nova visita do dúo Mofa e Befa que presentarán no Centro Cívico e Cultural a súa nova obra  “Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira”, dirixida por Carlos Santiago.

Mofa e Befa xorde como comando de comedia contemporánea fai dezaoito anos, cun espectáculo a base dos tópicos existentes sobre o teatro deste país. O espectáculo chamábase, ironicamente “Para ser exactos” e leva feitas máis de 300 representacións e algúns dos seus fragmentos están incluídos no canon teatral da dramaturxia galega.

O dúo cómico ten feito micro-espectáculos sobre as altas tecnoloxías, a creación de empresas ou mundo audiovisual, entre outras, destacando “ Unha carreira de obstáculos”. 

“Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira” diríxese ás persoas adultas de máis de 13 anos, e a entrada costa 4 € para todo o público e 3 € para aquelas persoas maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.

A venda anticipada de entradas terá lugar a partir das 19:00 h do día da función no CCC de Arteixo ou reservando as mesmas no seguinte e-mail: ruben.excentricas@gmail.com

 

Mofa e Befa