Ningún concello coruñés ten máis bandeiras azuis que Arteixo
Arteixo encabeza, un ano máis, a lista de concellos da provincia con maior número de bandeiras azuis. Serán sete para os areais de A Hucha, A Salsa, Barrañán, Combouzas, O Reiro, Sabón e Valcobo. Na área coruñesa séguelle Oleiros con cinco distintivos e A Coruña con catro.
Galicia, que este ano recibe 107 bandeiras, segue no segundo posto a nivel nacional, tras a Comunidade Valenciana