Ir o contido principal

A nova chegada da cobertura "4G" pode afectar ó sinal de televisión

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange comezarán a ofrecer en Arteixo servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, o que permitirá aos veciños gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha ‘Llega800’, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Coa chegada do novo 4G a Arteixo continúa o proceso de implantación que se leva a cabo de forma paulatina por toda a xeografía.

O despregamento 4G enmárcase nos establecido no Real Decreto 805/2014, do 19 de setembro, con data 1 de abril de 2015 no que se procedeu á liberación das frecuencias entre 790 e 862 MHz (canles 61 ao 69 de UHF) que ata entón empregábanse para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil 4G.

En caso de que os veciños se vexan afectados por este servizo e deixen de sintonizar correctamente as canles da TDT habitlítase un teléfono de atención gratuito (900 833 999) e o sitio web de "llega800" para solventar problemas.

tdy