Ir o contido principal

A nova praza de Meicende chegará a pleno o próximo mes de agosto

A corporación municipal tratará no próximo pleno de agosto o proxecto destinado a construir unha praza, entre a Avenida do Butano e a Rúa Málaga de Meicende, e que ten un presuposto de 665.000 euros. 

A proposta do executivo local contempla unha parcela de 4.200 metros cadrados, con pistas polideportivas e prazas de aparcamento para 44 vehículos. Unha parte da superficie reservada, 1.100 metros, acollerá nunha segunda fase do proxecto, un edificio municipal de uso mixto que servirá como centro de día e ludoteca. O novo inmoble, que se chamará Arteixo Concilia, se financiará cos fondos FEDER, dentro das diferentes liñas de inversión que permiten os 5 millóns de euros concedidos pola Unión Europea. 

A nova praza contará ademáis cunha das novas paradas da liña de autobuses municipais que unirán Meicende co centro de Arteixo. O novo transporte, tamén con cargo ós fondos FEDER, pretende fomentar a conectividade entre as diferentes parroquias de Arteixo e os núcleos urbanos.