Ir o contido principal

O 24 chegará ata Montegolf

O pleno da corporación deu o visto bo definitivo ao convenio que permite a extensión dunha nova liña do bus urbano de A Coruña, a liña 24, que se internará dous quilómetros e medio en territorio de Arteixo para dar servizo, con novas paradas, aos veciños de Montegolf e Cornisa. 

Trátase da segunda liña coruñesa que circula polo noso municipio despois de que a liña 6 establecese unha parada en Meicende xa no ano 2015.