Ir o contido principal

O Balneario de Arteixo será un centro público socio-cultural

O Balneario de Arteixo convertirase nun edificio público que ofrecerá servizos culturais e sociais a todos os cidadáns. Disporá de equipamento interxeneracional e o obxectivo é que redunde en beneficio de persoas de todas as idades. 

O primeiro paso é que o Concello adquira o inmoble merced a unha doazón da Fundación Amancio Ortega. Unha vez o edificio sexa de titularidade municipal, realizarase un proxecto de reforma e adecuación dos seus espazos para o seu aproveitamento público. 

O Balneario consta dun conxunto de edificios do século XVIII e é un elemento fundamental da historia de Arteixo. A zona na que se ubica xa dispón de outro equipamento público como a residencia de maiores oy a escola infantil, tamén doados pola Fundación Amancio Ortega.