Ir o contido principal

O Concello amplía espazo para atender aos veciños

O Concello comeza a cubrir a explanada exterior da casa consistorial co obxectivo de aumentar o espazo de espera no exterior do edificio. O novo espazo cuberto creará á súa vez tres zonas diferenciadas para os cidadáns que agarden cita cos departamentos de rexistro e información; urbanismo e servizos económicos. Trátase de garantir que se respetean as distancias de seguridade que recomendan as autoridades sanitarias durante a crise do COVID-19

Arteixo prepárase así para unha posible reapertura ao público á espera das indicacións das autoridades competentes. De momento continúase con atención telefónica e telemática, salvo en casos de urxencia que requiran atención persoal. 

O Concello, por outra banda, tamén traballa na creación dun novo sistema de cita previa en todos os departamentos municipais de forma que os veciños podan acodir ás dependencias municipais sen atopar aglomeracións. Disporase para elo un sistema informático específico que permitirá pedir cita con calquera departamento. Tamén se incrementarán os recursos humanos de forma que polo menos exista unha persona en cada departamento que se encargue de organizar as citas. Tamén haberá asesoramento aos cidadáns acerca das posibilidades que ofrecen os sistemas telemáticos para realizar as súas xestións. 

concello