Ir o contido principal

O concello de Arteixo e a Xunta entregan os diplomas os alumnos do Plan Integrado de Emprego

O director xeral da Xunta de Galicia,  Alfonso Marnotes e a oncelleira de Promoción Económica Patricia Amado entregaron hoxe os diplomas correspondentes os cursos homologados de formación do Plan Integrado de Emprego de Arteixo.

Os cursos comezarán  en xaneiro, e o ano pasado e máis do 60% dos parados que o fixeron acabaron encontrando traballo. Concretamente, poucos días despois da súa finalización 53 dos 85 participantes tiñan emprego.

Este Programa, cofinanciado pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Servizo Público de Emprego Estatal e o Concello de Arteixo, ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego.

O Plan tamén contempla a realización de accións de formación transversal, tales como a prevención de riscos laborais, marca persoal, emprego 2.0, manipulador de alimentos e pescado, prácticas laborais, fomento do emprendemento, orientación laboral e rede Eures.

O programa ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combina accións de información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral.

Plan de formación