Ir o contido principal

O concello inviste 95.000 euros en melloras dos centros educativos

O departamento de Obras  acaba de finalizar os traballos que durante o verán se levaron a cabo en distintos centros educativos. Foron 95.000 euros de inversión para mellorar o Ponte dos Brozos, no que se investiron 48.000 euros; Galán ao que se destinaron 36.000 e Meicende que levou a cabo obras por 12.500 euros. 

No CEIP Galán melloraronse os aseos do alumnado coa sustitución dos aparatos sanitarios e a instalación de fontanería e saneamento. Tamén acometiuse a apertura dunha nova porta no comedor para cumplir a normativa de evacuación en caso de incendio e cambiouse o pavimento da biblioteca. 

En Ponte dos Brozos. reformáronse os aseos do Pabellón 1, que eran os destinados aos profesores da planta baixa; e os do Pabellón 2, tamén destinados a profesores. 

No CEIP de Meicende ampliouse o comedor, demoléronse os pavimentos de madeira en algunhas dependencias e dotouse dunha nova instalación eléctrica á parte ampliada. Tamén reformouse o aseo na aula de inglés.