Ir o contido principal

Peche para mellorar a sala fitness da piscina

A sala fitness e a sala bike do complexo deportivo municipal estarán pechadas entre os próximos 24 e 28 de abril. 

Van a mellorar esas instalacións coa renovación completa das máquinas do ximnasio que se sustituirá por equipamento de última xeración. Tamén se incrementarán o equipamento da zona cardiovascular e a zona de peso libre con espellos e chan específico. Os traballos contemplan asímesmo unha mellora da zona de traballo funcional.