Ir o contido principal

A percusión singular de "Píscore" chega a Arteixo

 

Catro músicos sobre o escenario. Dezaséis baquetas e só unha marimba. Organizarse, tomar decisións e buscar solucións a este panorama é o eixe sobre o que Píscore fai xirar a súa musicomedia "Concerto singular" coa que se presenta en Arteixo o próximo 16 de febreiro. 

A proposta enmárcase na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público. Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez, Pablo Cabanelas con dirección de Fran Rei, nunha musicomedia de preto dunha hora de duración para todos os públicos.

Será a partir das 20:45 h no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

A obra é para todos os públicos e as entradas costan 3 €. O prezo é de 2,25 € para aquelas persoas maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.