A Policía local detecta unha rede de venda de seguros falsos
A trama detectada pola Policía Local de Arteixo ten a súa orixe en Andalucía e exténdese por todo o territorio nacional.
O primeiro vehículo detectado pertence a unha empresa adicada á compra venda de automóbiles. As averiguacións posteriores determinaron a existencia doutros sete vehículos da mesma compañía tamén asegurados con pólizas ficticias.
O primeiro afectado, segundo a policía local, sería o propietario da empresa que se adica ó negocio dos coches usados. O empresariotería pagado os seguros correspondentes a unha empresa ubicada en Andalucía que, tras recibir o pago, deixaría as pólizas sen tramitar.
A policía local de Arteixo xa deu traslado destes feitos á Garda Civil para que siga investigando.