Programa do bono para persoas autónomas.
Obxecto:
Consolidación da actividade laboral por conta propia a través do Programa do bono das persoas autónomas.
Beneficiarios:
Persoas traballadoras autónomas cunha antigüidade superior a 42 meses, e un rendemento neto reducido das actividades económicas inferior a 30.000 € e facturación superior a 12.000 € (ano 2017), que realicen inversións en dúas liñas, entre o 05.06.2018 e o 20.12.2018 (80%, cun máximo de 3.000 €):
- Liña 1 (mellora da competitividade a través de estudos ou plans de negocio).
- Liña 2 (mellora da competitividade a través de inversións en inmovilizado).
Prazo (solicitude por medios electrónicos en https://sede.xunta.gal):
Para o exercicio 2018, o prazo de presentación de solicitudes irá desde o 05.06.2018 ao 04.07.2018.
Arteixo, a 4 de xuño de 2018
Máis información:
CONCELLO DE ARTEIXO
Concellería de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº 981640572