Ir o contido principal

A sección da escola oficial de idiomas abre o prazo de matrícula

O concello de Arteixo conta cunha sección da escola oficial de idiomas no centro IES Manuel Murguía.

As persoas que fixeran preinscrición no seu momento e non foran admitidas na adxudicación do 18 de setembro poderán matricularse os días 1, 2 e 3 de outubro na EOI Coruña. Teñen que ir directamente á Secretaría e formalizar a matrícula. NON teñen que pasar polo Salón de Actos.

As persoas que non fixeran preinscrición teñen que esperar até o mércores 3 de outubro para saber se quedaron prazas libres no curso que lles interesa. O mércores 3 publicarase nesta páxina unha lista coas vacantes disponibles nese momento, e as persoas interesadas terán que formalizar directamente a matrícula na EOI Coruña o xoves 4 ou o venres 5. Estas vacantes adxudicaranse por orde de chegada.

A Escola Oficial de Idiomas é un centro público que imparte ensinanzas de réxime especial e depende da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

É un centro especializado no ensino de idiomas e os idiomas que se imparten na actualidade neste centro son: alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.

Ademais impártense cursos monográficos, cursos de formación do profesorado (CEFOR), cursos de linguaxe administrativa en galego, cursos de preparación CELGA, así como cursos de verán. . 

Podes obter toda a información no seguinte enlace.