Subvencións da Xunta de Galicia ao sector comercial e artesanal galego
Obxecto:
Implantación e pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal (código de procedemento CO300C).
Actuacións subvencionables:
Gastos e investimentos que se realicen entre o 1 de decembro de 2020 e o 29 de outubro de 2021, e que afecten a:
1.- Dixitalización comercial.
2.- Adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal.
Prazo de solicitudes:
Dende o 05.05.2021 ao 04.06.2021, por vía electrónica a través do enderezo https://sede.xunta.gal.