Ir o contido principal

Talía Teatro representa “Foucellas” no Auditorio do CCC de Arteixo

Con entrada 4€ (3€ para estudantes de ensinanzas homologadas e maiores de 65 anos que deberán acreditarse. Venda anticipada de entradas no CCC de Arteixo dende o 16 de outubro en horario de 9:00 a 14:00h ou 1 hora antes da función)

 

Foucellas

 

Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un home do monte, un deses que a xente denominaba xenericamente un “foucellas”. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Nunha situación desesperada, cun compañeiro como único resto do que outrora fora a súa partida,acomete a súa derradeira acción:o atraco,con secuestro incluído,dun labrador acomodado,antigo militante agrarista,e da súa muller.Un contexto límite, un tempo terminal, no que catro personaxes perfilados e contrastados psicoloxicamente acaban entrando nun dinámico debate, dramático mais por veces divertido, no que conceptos como firmeza, utopía, resistencia, inercia, resignación, adaptibilidade, vontade, destino...son as armas dunha crúa batalla dialéctica entre a esperanza e desespero. Unha ficción que especula sobre un momento histórico, pero tamén un motivo metafórico para reflexionarmos sobre un transo co que, en maior ou menor medida,nos enfrontamos decote nas nosas vidas:a administración da derrota.