Teatro en Meicende e Arteixo, citas destacadas da fin de semana
"Dúas donas que bailan" é o espectáculo que Teatro do Atlántico leva este venres a Arteixo. Dirixido por Xulio Lago e protagonizado por María Barcala e María Ángeles Iglesias, esta peza amosa a unha muller maior, viúva e que soña cunha viaxe a París que decide contratar a unha muller para as labores do fogar. Unha mestra de literatura obrigada polas circunstancias.
As entradas costan 4 e 3 euros.
A Meicende chega Talía Teatro cun espectáculo infantil para maiores de 6 anos. Será ás 8 da tarde e con invitación. Historias dóces para provocar sorrisos.