A Xunta abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario
A Xunta de Galicia anuncia a apertura de prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar, así como acceso ao fondo solidario de libros de texto, para o curso 2020/2021.
O prazo para presentar as solicitudes –preferentemente por vía telemática, rematará o día 19 de xuño
O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van dos 210 aos 140 € en función da renda.
Para o alumnado matriculado en educación especial, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, a axuda ascende a 275 euros.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, poderá acollerse ao Fondo Solidario de Libros.
Ademais, continúase co reparto de vales de 50 euros para adquisición de material escolar no caso das familias con rendas inferiores a 6.000 euros
Poden obter máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31065