Ir o contido principal

Xuventude lévate ao aquapark de Cerceda

O Departamento de Xuventude organiza unha excursión ao Aquapark de Cerceda para a mocidade de Arteixo entre 12 e 20 anos. As inscricións xa se poden formalizar ata o próximo 16 de agosto. 

Si hai máis apuntamentos que as cen prazas que se ofertan, haberá un sorteo público que se celebrará o 21 de agosto ás 9 h no salón de plenos da casa consistorial. 

O prazo para pagar os catro euros que vale a viaxe, sen comida, será do 22 ao 25 de agosto. 

Os que vaian á excursión sairán o martes 29 de agosto ás 11'30 h da Oficina de Turismo e o regreso está previsto para as 20,30 h. 

 

Documentos: