Ir o contido principal

Xuventude propón un Nadal sobre xeo e entre fogóns

O departamento de Xuventude programa dúas novas actividades dirixidas as mozas e mozos entre os 12 e os 30 anos.

Trátase dun obradoiro de cociña de supervivencia que se desenvolverá no Centro Sociocultural de Meicende os días 27 e 28 de decembro. A actividade, en horario de 10 a 14 h terá un custo de 5 euros e só hai 15 prazas dispoñibles. 

cociña

A mocidade, ademáis de cociñar, tamén poderá disfrutar dunha saída para facer patinaxe sobre xeo. Será o 29 de decembro e, neste caso hai 100 prazas dispoñibles. O custo desta actividade é de 100 euros. 

Patinaxe

 

Adxunto atoparás os documentos para poder inscribirte en ambas iniciativas. O prazo para facelo é do 13 ó 18 de decembro no Centro de A Baiuca. Podes obter máis información nos teléfonos 981 659 180  ou 981 659 095 .

En caso  superárense o número de prazas ofertadas realizase sorteo.