Ir o contido principal

Entrega de premios do 27º Certame de narracións breves Manuel Murguía

O pasado 11 de maio, celebrouse a cerimonia de entrega de premios ás 20:00 hs no Centro Cívico e Cultural de Arteixo.

O xurado, composto por Begoña Paz (escritora representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Mario Regueira (crítico representante da Asociación Galega da Crítica), Teresa Moure (gañadora da 26ª edición) e Alfredo Ferreiro (coordinador literario, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por maioría conceder os tres premios ás seguintes obras:

  • Terceiro premio, consistente en 300 euros e a publicación da obra, ao relato Unha praia na Polinesia, de Mercedes Leobalde García
  • Segundo premio, consistente en 500 euros e a publicación da obra, ao relato A porta do Reconhecimento, de Tiago Alves Costa
  • Primeiro premio, consistente en 4000 euros e a publicación da obra, ao relato Bochorno, de Charo Pita

 

De todos os relatos recibidos, 63 foran admitidos a concurso por cumpriren estritamente as bases.

A coordinación agradeceu un ano máis a presenza no xurado dun membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como outro da Asociación Galega da Crítica, feito que contribúe a alicerzar o rigor do Certame no contexto sistema literario galego.

O acto de entrega ofreceu ademais outros alicientes para todos os asistentes: a actuación musical de Aida Saco, compositora que interpretou pezas do seu disco Atmosferas; ao mesmo tempo, o humorista gráfico Luis Davila deleitou as asistentes cos seus deseños en directo. Rematado o acto, ofreceuse un viño de honra como fin de festa.

O evento, presentado polo coordinador literario, Alfredo Ferreiro, incluíu ademais unha lembranza da figura de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

 

Contacto: Alfredo Ferreiro (609 653 176)

Coordinador literario do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

 

mm2018002