Praia de Area Pequena ou A Ucha

43º 19' 3'' N 8º 31' 49'' W
Ver Mapa
Entre A Corveira e o Monte do Petón atópase este recuncho do litoral arteixán; un pequeno areal de area branca cunha zona de gaiolos e ao seu carón ten unha importante riqueza toponímica coma O Trebón, A Pedra Negra, O Seixo de Pescar, A Escada ou a Furna dos Corvos, entre outro patrimonio inmaterial.