Ir o contido principal

Arteixo celebra o día de Santa Icía cun concerto da Banda de Música

Arteixo súmase á celebración do día de Santa Icía, Patrona da música, cun concerto gratuito e para todos os públicos. 

Será o próximo sábado 25 de novembro ás 19:00 h, no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo e estará protagonizado pola  Banda de Música Santiago de Arteixo, de longa traxectoria dende a súa constitución e con diferentes actuacións or toda a provincia de A Coruña e en diferentes territorios de España. 

A Banda Santiago de Arteixo, que chegou a acadar o segundo posto no VI ertame Galego de Bandas de Música,  ten participado no encontro de bandas de El Provencio, en Cuenca, ou no intercambio coa Unión Musical de Benetússer de Valencia, entre outros. 

A obra irá dirixida a todos os públicos, sen custo de entrada e con invitación que se pode recoller no mesmo Centro Cívico Cultural de Arteixo.