Ir o contido principal

Bases de selección de equipo directivo e alumnado do Obradoiro de Emprego A Laracha- Arteixo

O Departamento de Promoción económica publica as bases de selección de equipo directivo e alumnado do Obradoiro de Emprego A Laracha- Arteixo: Colaborando polo emprego V. 

Nesta ocasión o programa propón a posta en marcha de dúas especialidades (pintura industrial en construción e traballos de carpintería e moble) con dez persoas en cada unha delas –vinte en total- máis os docentes e o equipo directivo. No Concello da Laracha as actuacións a realizar consistirán no pintado interior e exterior de edificios e instalacións de titularidade municipal. En Arteixo as obras centraranse no acondicionamento do espazo recreativo de sensibilización ambiental do entorno do Muíño da Cachada.

Este obradoiro de emprego incorpora como novidade incentivos económicos para a contratación dos alumnos-traballadores por parte das empresas unha vez remate o seu período formativo. Deste xeito favorecerase o propósito final, que é a integración dos participantes ao mercado laboral no sector privado.

O orzamento total desta iniciativa supera os 463.000 euros, dos cales preto de 289.000 euros serán achegados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. A duración do obradoiro será de nove meses, período durante o cal os alumnos-traballadores accederán a unha remuneración económica e, ao completar a especialidade correspondente, recibirán o título oficial que acreditará a súa formación, cualificación e competencia para o labor profesional no módulo cursado.

Documentos: