Ir o contido principal

Clásicos e Judo para a fin de semana

Clásicos e nostalxia. Os amantes do motor teñen unha cita en Arteixo o próximo domingo 11 de marzo coa celebración do  XII Rallye Arteixo Costa da Morte de Vehículos Clásicos.

Participan nesta proba un total de 55 automóbiles de distintas épocas que, a bo seguro, atraerán non poucas miradas.O desfile partirá da Praza do Balneario ás 10.30 h para facer un percorrido no que non se supera a velocidade media de 49km/h, e que discorre por distintos puntos do noso concello como de outros municipios cercanos.

A segunda cita deportiva da fin de semana lévanos ó Pazo dos Deportes que acolle, tamén o domingo o Campionato Escolar de judo.

Judo

Trátase dunha competición de deporte escolar con normas adaptadas aos participantes. Comezará ás 10.00h e haberá 3 quendas con participación de alumnado de diferentes centros escolares. Os alumnos dos centros do concello de Arteixo teñen prevista a súa participación ás 12.30h. En total estímase unha participación de 800 nenas e nenos ao longo de toda a xornada.