Ir o contido principal

Fin de semana clásico en Arteixo

O Club clásicos Os Brozos organiza, xunto co Servizo Municipal de Deportes unha nova edición do Rallye Arteixo Solidario que se celebrará o próximo 24 de novembro. 

Participarán 45 vehículos nunha proba solidaria e non competitiva na que os participantes donarán unha porcentaxe da súa inscrición a Cáritas. Tamén servirá, con motivo do Día Internacional contra a violencia machista, para dar unha mostra máis de rechazo a esta lacra. 

A saida está prevista ás 16.00h desde a Plaza do Balneario de Arteixo, discorrendo a continuación por distintas estradas do concello abertas ao tráfico. Rematará ás 21.45h.