Ir o contido principal

Pequenos contra a leucemia infantil

Cincuenta e cinco nenos e nenas de entre dous e tres anos, acompañados dos seus famliares e educadores, percorreron 200 metros á carreira para lle amosar o seu aopio aos pequenos que padecen leucemia infantil, unha enfermidade que supón o 30% do cancro infantil detectado e que en España, elévase a máis de 300 casos diagnosticados cada ano.

A fundación "Unoentrecienmil" é a única ONG en toda España comprometida a adicar todos os beneficios das actividades a un proxecto anual de investigación contra a leucemia infantil. 

A Escola Infantil Municipal de Arteixo colaborou este ano coa ONG e organizou a carreira na que, de forma simbólica, as familias aportaban un euro como inscrición. A EIM sinala que todos os participantes aportaron máis da cantidade simbólica que se pedía. A recadación total ascendiu a 395 que se ingresaron íntegramente na conta da  Fundación Unoentrecienmil.

eim