Ir o contido principal

A Feira 1900 entre os proxectos culturais de boas prácticas

Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, é un evento único, de periodicidade anual que está considerado como o fogar das industrias creativas en Galicia.

Conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da AGADIC, entre outras colaboracións. No eido das industrias culturais é sen dúbida o que conta coa rede máis ampla de colaboradores institucionais, asociativos e empresariais entre os que se atopa a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC).

Dentro deste marco a vicepresidenta e deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, presentou esta fin de semana unha Web onde se recollen 100 proxectos culturais de boas prácticas no noso pais entre os que foi seleccionado a Feira Histórica Arteixo 1900.

Con esta iniciativa preténdese dar maior visibilidade aos proxectos culturais que se están a desenvolver en Galicia, sobre todo aqueles que aportan uns niveis óptimos de calidade e son aprezados pola cidadanía.