Mulleres "cara un futuro libre de violencia"
A actividade, organizada pola Asociación Daleth e subvencionada polo Concello de Arteixo, presenta un programa de catro obradoiros vivenciais de "coaching" co obxectivo de traballar o fortalecemento a través do empoderamento persoal. Trátase de que as mulleres en risco ou vítimas da violencia machista poidan saír da súa situación.
O programa pon á disposición das participantes ferramentas para o día a día coas que a poder xestionar mellor as situacións complexas, os medos, poder sacar a mellor versión delas mesmas, conectando cos seus valores persoais, a través de dinámicas, vídeos e reflexións, para traballar na reconstrución dun futuro libre de violencia.
Será nas instalacións do CIM, Avda. do Balneario, 10, 15142 Arteixo, en horario de 16.30 a 18.30, e comezará o próximo xoves 27 de setembro. Rematará o 25 de outubro 2018.
Para se apuntar, aínda quedan prazas, pódese contactar coa Asociación Daleth a través do seu correo electrónico ou nos teléfonos 622.188.573 / 608.476.497
