Novas liñas de transporte ás parroquias e ás praias

Arteixo amplía a súa liña de transportes. A Xunta de Goberno Local aproba unha ampliación do convenio que puxo en marcha a actual liña circula que percorre os núcleos urbanos e que entrou en funcionamento hai tres meses.
A nova ampliación permitirá dispoñer de seis novas liñas rurais no mes de maio e unha liña cara as praias nos meses de verán.
As novas seis liñas rurais percorrerán as parroquias con 75 paradas nos núcleos mentres que a liña de praias terá once paradas.
O acordo tamén contempla aumentar en tres expedicións máis a frecuencia actual da liña circula que percorre diariamente Arteixo, Meicende, Pastoriza, Oseiro, A Maceira e Vilarrodís. Esta liña que paraba ás seis da tarde, chegará agora ás nove da noite.
